Documentación

Enviar un URL


Para enviar un URL mediante unha solicitude HTTP (substitúe co URL que che forneceu o motor de busca), envía a solicitude ao seguinte URL:

                https://<searchengine>/indexnow?url=url-changed&key=your-key
            
  • "url-changed" é un URL do teu sitio web que se engadiu, actualizou ou eliminou. Os URL deben seguir o formato de escape deste tipo de enderezo e estar codificados. Comproba que os teus URL seguen a norma RFC-3986 dos URI.
  • "your-key" debe ter un mínimo de 8 e un máximo de 128 caracteres hexadecimais. A clave só pode incluír os seguintes caracteres: letras minúsculas (a-z), letras maiúsculas (A-Z), números (0-9) e guións (-).

Por exemplo, se queres indicar aos motores de busca que actualizaches https://www.example.com/product.html e queres usar a clave , o URL sería o seguinte:

                https://<searchengine>/indexnow?url=https://www.example.com/product.html&key=
            

Podes enviar a solicitude HTTP mediante o explorador, wget, curl ou calquera outro mecanismo que prefiras. Se a solicitude se envía correctamente, recibirás un código de resposta HTTP 200. Se recibes outro código, comproba que non fixeses envíos demasiado seguidos e que a clave e o URL sexan válidos. A seguir, volve enviar a solicitude. O código de resposta HTTP 200 só indica que o motor de busca recibiu o teu URL.

Enviar un conxunto de URL


Para enviar un conxunto de URL mediante unha solicitude HTTP, envía a solicitude JSON POST ao URL fornecido polos motores de busca. Substitúe co nome do servidor do motor de busca.

                POST /indexnow HTTP/1.1
                Content-Type: application/json; charset=utf-8
                Host: <searchengine>
                {
                  "host": "www.example.com",
                  "key": "",
                  "urlList": [
                      "https://www.example.com/url1",
                      "https://www.example.com/folder/url2",
                      "https://www.example.com/url3"
                      ]
                }
            

Podes enviar un máximo de 10 000 URL por publicación e mesturar enderezos URL con http e https se o precisas.

Podes enviar a solicitude HTTP mediante wget, curl ou outro mecanismo que prefiras. Se a solicitude se envía correctamente, recibirás un código de resposta HTTP 200. Se recibes outra resposta, comproba a solicitude e, se semella que todo está ben, volve enviala. O código de resposta HTTP 200 só indica que o motor de busca recibiu o teu conxunto de URL.

Recomendámosche que automatices o envío de URL en canto se engada, actualice ou elimine o contido ata un certo límite. Consulta as prácticas recomendadas do contido xerado por usuarios nas preguntas máis frecuentes.

Verificar a propiedade mediante a clave


Para enviar os URL, debes "demostrar" que tes a propiedade do servidor do que se envían os URL. Para facelo, debes hospedar polo menos un ficheiro de texto no servidor. Cando envíes os URL aos motores de busca, estes rastrexarán o ficheiro da clave para verificar a propiedade e usarán a clave ata que a cambies. Só ti e os motores de busca debedes coñecer a clave e a localización do ficheiro da clave.

Ofrecemos dúas formas de verificar a propiedade.

Opción 1
Hospedar un ficheiro de texto coa clave no directorio raíz do teu servidor.

Debes hospedar un ficheiro de texto codificado en UTF-8 e co nome {your-key}.txt que conteña a clave no directorio raíz do teu sitio web.

No caso dos exemplos anteriores, terás que hospedar o ficheiro UTF-8 coa clave en https://www.example.com/.txt e este ficheiro debe conter a clave .

Opción 2
Hospedar un ficheiro de texto coa clave no teu servidor.

Tamén podes hospedar varios ficheiros de texto con claves codificados en UTF-8 noutras localizacións do mesmo servidor. Neste caso, debes indicar aos motores de busca onde está o ficheiro de texto coa clave en cada notificación de IndexNow especificando a localización coa variable keyLocation.

Se envías un URL, especifica a localización do ficheiro da clave como valor do parámetro de URL de keyLocation.

                    https://<searchengine>/indexnow?url=http://www.example.com/product.html&key=&keyLocation=http://www.example.com/myIndexNowKey63638.txt
                

Se envías un conxunto de URL, especifica a localización do ficheiro da clave como variable de keyLocation no contido JSON.

                    POST /indexnow HTTP/1.1
                    Content-Type: application/json; charset=utf-8
                    Host: <searchengine>
                    {
                      "host": "www.example.com",
                      "key": "",
                      "keyLocation": "https://www.example.com/myIndexNowKey63638.txt",
                      "urlList": [
                          "https://www.example.com/url1",
                          "https://www.example.com/folder/url2",
                          "https://www.example.com/url3"
                          ]
                    }
                

Nesta segunda opción, a localización dun ficheiro de clave determina o conxunto de URL que se pode incluír con esta clave. Un ficheiro de clave que estea en http://example.com/catalog/key12457EDd.txt pode incluír calquera URL que comece por http://example.com/catalog/, pero non pode incluír ningún URL que comece por http://example.com/help/.

Estes son algúns dos URL que non se consideran válidos en http://example.com/catalog/sitemap.xml:

Os URL que non se consideren válidos na segunda opción poden non terse en conta para a indexación. Recomendámosche encarecidamente que uses a primeira opción e coloques o ficheiro da clave no directorio raíz do teu servidor web.

Response format


HTTP Code
Response
Reasons
200
OK
URL submitted successfully
202
Accepted
URL received. IndexNow key validation pending.
400
Bad request
Invalid format
403
Forbidden
In case of key not valid (e.g. key not found, file found but key not in the file)
422
Unprocessable Entity
In case of URLs which don’t belong to the host or the key is not matching the schema in the protocol
429
Too Many Requests
Too Many Requests (potential Spam)

Requirement for search engines


Search engines adopting the IndexNow protocol agree that submitted URLs will be automatically shared with all other participating search engines. To participate, search engines must have a noticeable presence in at least one market or be closely linked to the search market and make a significant contribution to the number of url submissions. Learn more