Preguntas máis frecuentes

Cal é o extremo dos motores de busca para enviar URL?
Microsoft Bing
https://www.bing.com/indexnow?url=url-changed&key=your-key
Yandex
https://yandex.com/indexnow?url=url-changed&key=your-key

Starting November 2021, IndexNow-enabled search engines will share immediately all URLs submitted to all other IndexNow-enabled search engines, so when you notify one, you will notify all search engines.
Enviei un URL, que pasará agora?
Se aos motores de busca lles gusta o teu URL, tentarán rastrexalo para obter o contido máis recente rapidamente en función da súa lóxica de programación de rastrexos e a cota de rastrexo do teu sitio.
Hoxe enviei dez mil URL, que pasará agora?
Se aos motores de busca lles gustan os teus URL e teñen cota de rastrexo abondo para o teu sitio, tentarán rastrexar algúns destes URL ou todos eles.
Enviei un URL, por que non o vexo indexado?
Usar IndexNow asegura que os motores de busca coñecerán os cambios que hai no teu sitio web, pero non garante que estes motores rastrexarán nin indexarán as páxinas web. Pode pasar un tempo ata que o cambio se reflicte nos motores de busca.
Acabo de comezar a usar IndexNow, debo publicar os URL que cambiaron no último ano?
Non, só debes publicar os URL que cambiaron (engadíronse, actualizáronse ou elimináronse) desde que comezaches a usar IndexNow.
Os URL enviados contan na miña cota de rastrexo?
Si, todos os rastrexos que se fagan contan na cota. Se os publicas en IndexNow, indicas aos motores de busca que che importan estes URL e daranlle prioridade a rastrexar estes URL e non outros que coñezan.
Por que non vexo todos os URL que enviei indexados polos motores de busca?
Os motores de busca poden decidir non rastrexar nin indexar algún URL se non cumpre os seus criterios de selección.
Por que se indexou o meu URL nun motor de busca pero non noutros?
Os motores de busca poden decidir non seleccionar algún URL concreto se non cumpre os seus criterios de selección.
Teño un sitio web pequeno cunhas poucas páxinas. Debo usar IndexNow?
Si. Se queres que os motores de busca descubran o contido en canto cambie, deberías usar IndexNow. Non terás que agardar moitas horas nin, nos peores casos, semanas para ver os cambios que fixeches nos motores de busca.
Podo enviar o mesmo URL varias veces nun día?
Procura non enviar o mesmo URL varias veces nun día. Se editas páxinas a miúdo, é mellor que agardes 10 minutos entre as edicións antes de avisar aos motores de busca. Se as páxinas se actualizan continuamente (por exemplo, a hora en Lisboa ou o tempo en Ourense), é mellor que non utilices IndexNow para cada un dos cambios.
Podo enviar URL 404 mediante a API?
Si, podes enviar páxinas con ligazóns rotas (http 404 e http 410) para indicar aos motores de busca que hai novas ligazóns rotas.
Podo enviar novas redireccións?
Si, podes enviar URL con novas redireccións (por exemplo, unha redirección 301 ou 302, un html cunha etiqueta de actualización de metadatos etc.) para indicar aos motores de busca que o contido cambiou.
Podo enviar todos os URL do meu sitio?
Usa IndexNow só para enviar os URL que cambiaron (porque se engadiron, actualizaron ou eliminaron) recentemente. Inclúe todos os URL se cambiaron todos hai pouco. Utiliza mapas do sitio para informar aos motores de busca sobre todos os teus URL. Os motores de busca consultarán os mapas do sitio cada poucos días.
Recibín unha resposta HTTP 429 "Demasiadas solicitudes" dun motor de busca. Que debo facer?
O código de estado desta resposta indícache que estás enviando demasiadas solicitudes nun momento determinado. Non envíes tantas ou volve tentalo máis tarde.
Cando teño que cambiar a clave?
Os motores de busca só tentarán rastrexar o ficheiro {key}.txt unha vez para verificar a propiedade no momento de recibiren unha nova clave. Non é necesario que modifiques a clave a miúdo.
Podo usar máis dunha clave por servidor?
Si, se os teus sitios web usan diferentes sistemas de xestión de contido, cada un deles pode utilizar a súa propia clave. Publica diferentes ficheiros coas claves no directorio raíz do teu servidor.
Podo usar un ficheiro de clave para todo o dominio?
Non, cada servidor do teu dominio debe ter a súa propia clave. Se o teu sitio ten host-a.example.com e host-b.example.com, deberás ter un ficheiro de clave para cada servidor.
Podo usar a mesma clave en dous ou máis servidores?
Si, podes reutilizar a mesma clave en dous ou máis servidores ou dominios.
Teño un mapa do sitio, necesito IndexNow?
Si. Se ben os mapas do sitio son unha forma sinxela de que os administradores web informen aos motores de busca sobre todas as páxinas dos seus sitios que se poden rastrexar, os motores de busca non adoitan visitalos. Con IndexNow, os administradores web "non" teñen que agardar a que os motores de busca descubran e rastrexen os sitios web, senón que poden indicarlles directamente onde hai contido novo.
Que fago se teño outra pregunta sobre o uso de IndexNow?
Consulta a documentación dispoñible en cada motor de busca para obter máis información sobre IndexNow.